martes, 2 de decembro de 2014

ENTERRO EN FORCAREI, NA PRAZA DA IGREXA, NOS ANOS 40.

 
 
Esta fotografía móstranos a parada dun enterro no vello adro da igrexa de San Martiño de Forcarei, onde hoxe se sitúa a Praza da Igrexa. Moi posiblemente fose tirada dende o campanario polo fotógrafo Manuel Barreiro, que era ademais sacristán por aquel entón.