mércores, 9 de outubro de 2013

FORCAREI, TERRA DE ENSOÑO

Este blog tentará ser unha fiestra a Forcarei e a súa comarca. O título vén dado polo comezo dun poema que o célebre Paco Farria creara alá polos anos cincuenta do pasado século, e que viña dicir na súa primeira estrofa:

Forcarei, terra de ensoño,
verxel de lindas rapazas,
tenriñas coma repolos
e limpas coma auga de carabañas,

O poema proseguía, pero ímonos quedar tan só con ese título tan suxestivo.
O asunto é que trataremos de facer un blog que atraia a curiosidade, mais tamén a procura estética e literaria dunha terra de ensoño: FORCAREI. Espero logralo coa vosa axuda. Grazas.

Igrexa de San Martiño de Forcarei coa lúa ó fondo