xoves, 10 de outubro de 2013

O LÉREZ, SEMPRE O LÉREZ


O Lérez, sempre o Lérez, co seu ritmo de tempo afogado en tempo, de horas que se envolven na auga coma un rodicio infinito de fantasía...
 
 
 De vez en cando, un salón acougado e sereno,
 
... e volve o rodicio da memoria darlle voltas á historia anónima deste río aínda pequeneiro... 
 
 ... volve a luz a se enguedellar nas pedras e na herba, mentre a auga, paseniñamente, segue o seu curso...


E, cando a soidade é máis forte có silencio...
aparece esta marabilla... este ménage à trois de pedra, auga e natureza, coa luz predisposta  a unha milagre...
 
A PONTE GOMAÍL
 

 
 Nesta ligazón poderedes oír unha canción que compuxen a comezos dos 90 e que intrepreto a dúo coa marabillosa voz de Andre Porto, a Gaiteira de Outeiro.
 
 
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario