xoves, 10 de outubro de 2013

DETALLES DA IGREXA DO MOSTEIRO DE ACIVEIRO

 
Na foto superior podemos ollar con moito detalle un capitel do templo con leóns rampantes, mostra da escultura románica tardía debedora da mellor escola compostelá. Abaixo, un detalle do falso triforio, cualidade que só comparte con outras dúas igrexas do románico galego (Santa Mariña de Augasantas, en Allariz e Santa María de Xunqueira de Ambía). O falso triforio dase como ornamentación, xa que o triforio servía para comunicar as dúas naves laterais coa central na parte superior só cando nesa parte había segunda planta. Aquí non a hai, por iso o triforio é falso e ten como finalidade a meramente ornamental.

Ningún comentario:

Publicar un comentario